mércores, 8 de decembro de 2021

Comunidade: FEIRA DO BRINQUEDO INQUEDO 2º EDICIÓN

II EDICIÓN da FEIRA do BRINQUEDO INQUEDO!!

que é?

Unha xornada na que poder dar saída a ese besbello que temos esquecido no caixón ou no estante, ese bulebule que aínda quere xogar, pero que xa está en desuso polas máis pequenas da casa. 

Coa idea de pechar o círculo e darlle unha segunda vida a eses brinquedos que as crianzas xa non utilizan.

Cando?

organizaremos esta actividade que se celebrará o 16 de Decembro en horario de 17h a 19h no patio cuberto

Como?

 ✔Recolleranse os xoguetes os días 9, 10 e 13 e 14 de decembro. Podedes achegalos pola mañá, en horario de 9h a 9:30h no local da ANPA

IMPORTANTE!! Só se recollerán 3 brinquedos máximo por familia.

 ✔Os obxectos serán desinfectados e gardarán corentena durante 48 horas.

✔Non é un mercado de troco. Non estás obrigada a dar e recibir. Podes dar e non recibir ou viceversa😊 

Limitación de aforo: controlarase o aforo do recinto coa idea de que non haxa aglomeracións

IMPORTANTE!! Recolleranse só obxectos en bo estado (por exemplo: que os crecacabezas conteñan todas as pezas). Aínda que os xoguetes serán revisados, por favor sede escrupulosas con este tema. Grazas! 

✔En canto á tipoloxía recomendamos brinquedos cunha compoñente educativa e por suposto, tamén lúdica. Algúns exemplos que se nos ocorren: crebacabezas, xogos de memoria, xogos de mesa/cartas, bonecas, bonecos ou peluches, lego, playmóbil, triciclos, bicicletas, patinetes, libros,… 

✔No día da feira, só se poderán levar 2 obxectos como máximo. 15 minutos antes antes do peche da feira abrirase para aquelas persoas que desexen levar máis brinquedos. 

✔Por mor das restricións sanitarias a feira NON está pensada como espazo de xogo. Pedimos que, a poder ser, asistades só persoas adultas. A idea é ir recoller o que vos interese e logo marchar do recinto. Entendemos que pode ser unha molestia para as crianzas, pero neste momento temos que ser responsables coa situación sanitaria.

 Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, organizar máis adiante actividades que si impliquen directamente os nenos e as nenas 

✔Todo o material ao que non se lle poida dar esa segunda vida que buscamos con esta actividade, será entregado como doazón á Coordinadora do barrio de Vite, que está realizando unha recollida de xogos e xoguetes


Animámosvos a todas a participar na entrega dos brinquedos para así poder ter unha feira xeitosa e con variedade para escoller e, por suposto, no propio día da feira vir recoller o que vos preste. 


QUE RULEN ESES BRINQUEDOS INQUEDOS!!!