martes, 21 de xaneiro de 2020

1º Programa de Patios do curso 19/20: Xoves 23 de Xaneiro


Queridas Familias, un ano mais en colaboración coa profe de Educación Física iniciamos o calendario do tan afamado e querido "Programa de Patios" o vindeiro Xoves 23 de Xaneiro de 11:30 a 12:20h (prégase estar ás 11:15h para coordinar os xogos)

Coma sempre é imprescindible a vosa colaboración e moitas, moitas, moitas ganas de xogar.
Precisamos un mínimo de 6 persoas, pero xa sabedes... cantas mais mellor!!!


Os xogos nesta  edición 
  • Primaria: Brilé, Baloncesto, Sacos, hula-hop, zancos, contacontos, slack-line, paracaídas
  • Infantil: Twister, aros musicais, escondite inglés, zancos.

Que é o Programa de Patios??
  • Unha actividade na que como voluntarias organizamos xogos durante o tempo do recreo.
  • Un xeito de participar na dinamización dos espazos lúdicos do alumnado e nos que as familias podemos compartir momentos de xogos coas nosas fillas e fillos no centro, coñecer as dinámicas do patio e crear comunidade educativa.
  • Unha actividade dinamizada dende a ANPA en colaboración e coordinación coa profesora de educación física, quen fai de interlocutora co alumnado para coñecer as súas preferencias de xogos e facilitar o deseño dos espazos para que todas podamos desfrutar.
Como se organiza
  • As persoas interesadas en participar debemos anotarnos no listado do taboleiro de anuncios da ANPA
  • As participantes quedamos ás 11:15h na entrada do cole para organizar a distribución de xogos 
  • Os xogos deben estar operativos antes da saída do alumnado ao patio
  • Unha vez finalizado o tempo do patio, todas as participantes colaboramos na recollida do materia e saímos do centro para poder facer unha pequena avaliación de como aconteceu o programa, observacións, necesidades, e sobre todo.... que tal o pasamos!!!