martes, 29 de outubro de 2019

Tempo de Cabazas e Castañas

Chegou o tempo do Samín e Magosto, unha das datas máis agardadas no noso cole!

Como cada ano teremos unha festa aberta a toda a Comunidade Educativa o mércores 30 de outubro


  • Decoración e exposición de Cabazas


👨‍👨‍👧‍👧  O mesmo que en cursos anteriores as familias estamos convidadas a participar desde as 9.00, co tallado de cabazas na aula (cada familia debe achegar a súa cabaza).
Posteriormente quen o desexe pode quedarse á sesión de xogos, á merenda e á festa que se prolongarán ata iso das 13.30.


  • Desde a ANPA colaboramos coa escola mercando froita e bebidas, ademais de animar ás familias a axudar nas seguintes tarefas


🌰 Picar castañas: o martes 29 de outubro a partir das 16.30 no salón de actos. As castañas xa FORON mercadas POLO COLE  debedes traer un coitelo (ou o que queirades empregar para picalas).

🍩🍪🍰Traer doces caseiros: podedes mandar os vosos pratos para a merenda festiva o propio mércores, indicando os ingredientes dos mesmos.

🔥Asar as castañas e axudar na colocación das mesas: o mércores a partir das 10.30

🎼🥁Facer a Foliada: sabes tocar, cantar e bailar? Pois anímate a vir disfrutar. Cantas máis, mellor!