En coordinación coa profesora de educación física, Eva, empezamos o 2019 cos xogos no patio o venres día 8
Acordamos facer os seguintes xogos:
- Para os cursos de primaria: Chocolate, Sangue ( pés quietos), Brilé, Pano, Cordas, Zancos e hula hop, slackline.
- Para educación infantil: twister, aros musicais, araña peluda, escondite inglés
Quedamos o venres 8 , ás 11.15h para organizar e empezar a xogar as 11.30h e rematar as 12h.
Precisamos das vosas ganas de xogar e dinamizar os xogos cos nenos e nenas. Para realizar a actividade necesitamos un mínimo de 6 persoas, e cantas máis mellor....
Anotadevos no cartaz que hai no taboleiro da Anpa (podedes escoller xogo)
Apertas
Comisión Extraescolares. Programa de Patios