luns, 14 de xaneiro de 2019

Comisión Extraescolares: Pista de Xeo 2019

Ola Familias!
Como cada curso por estas datas temos a xornada de patinaxe na Pista de Xeo.


Este 2019 temos reserva de grupo na Pista de Xeo de Área Central para o xoves 17 de Xaneiro de 17.00 a 18.00h.

O custe por persoa (se somos mais de 30) é de 4.50€

Lembrade que son obrigatorias lubas e que non está nada mal levar roupa quentiña e impermeable. Para as mais pequenas, aconsellamos levar unha muda de reposto.

Para anotarvos so tedes que enviar un correo electrónico ou pasar polo local da ANPA, no que tamén se realiza o abono da entrada.
anpa.apostolo@gmail.com


E xa sabedes, animádevos a compartir as vosas mellores piruetas cos patíns!!!

Vémonos na pista... ou sobre ela 😋



Comisión de Extraescolares