este curso temos renovación parcial do Consello Escolar de dúas das representantes da familias - María Vázquez e Luzía Oca- así como de parte das representantes do clausto.
Tal como anunciou o centro, na circular que recibimos hai un mes, este martes día 27 de Novembro celébranse as elecións no seguinte horario:
- Mañán: 9:00h a 14:00h
- Tarde: 16:00h a 18:30h
Poden exercer o dereito a voto as nais, pais e titoras legais do alumnado do centro. Comprobade que os vosos datos estean correctamente recollidos no CENSO situado na porta de acceso ao centro.
As candidaturas presentadas por parte das familias son as seguintes:
- Luzía Oca González-Renovación (4ºprimaria)
- Luciano Manuel Ramirez (1ºPrimaria)
- Aurora Armental Ruiz (4ºinfantil e 3ºPrimaria)
- Ana María Rodríguez López (2ºPrimaria)
- Hortensia Vázquez Fraga (5ºinfantil)
As persoas elexidas formarán parte do Consello Escolar os próximos dous cursos académicos. O Consello Escolar é o organismo de goberno do centro. Dende a entrada en vigor da LOMCE os consellos escolares pasaron de ter carácter vinculante a meramente consultivo, aínda así é o espazo no que a voz das familias pode estar presente.
O noso Consello Escolar está formado por:
- Dirección (exerce a presidencia do Consello Escolar)
- Xefatura de Estudios
- Secretaría (exerce a secretaría do Consello Escolar con voz pero sen voto)
- 5 Representantes do claustro, elexidos polo claustro
- 5 representantes das familias: 4 electas e unha representante a proposta da ANPA
- 1 Representante do Concello no que estea situado o centro
- 1 Representate do persoal de administración e servicios
Consultar a web do centro para mais información