Esta semana sumamos as nosas voces contra as Violencias Machistas. A Comisión de Xénero e Igualdade da nosa ANPA convocou a tódalas familias a visibilizar o seu rexeitamento a tódalas violencias contra as mulleres. O venres, xuntámonos na porta do centro para deixar claro que QUEREMOS que as nosas compañeiras sexan donas de si
Tamén o alumnado participou nun acto organizado polo profesorado do centro. Porque a COEDUCACIÓN con perspectiva de XÉNERO é a base do cambio e os centros de ensino son un piar no que traballar pola eliminación das violencias machistas, e as familias debemos ser parte do proceso. Entre todas transformamos os modelos de relacións, xuntas somos mais fortes.
imaxes cedidas polo ceip
-
Na asemblea da ANPA do 19/02/25 aprobouse abrir un proceso de debate para cambiar o nome do noso centro. Segundo o acordado, deuse de praz...
-
Clicade na imaxe para descargardes o documento onde explicamos o proceso e as motivacións do cambio de nome.
-
Prezadas familias, Co gallo da votación que se celebrará este xoves no pleno municipal, en relación ao cambio do nome do noso centro, produ...


