mércores, 24 de abril de 2024

Charla "Neurodiverxencia, autismo ou como comprendernos"

⭐Convidámosvos a unha charla da man dunha das maiores especialistas en neurodiverxencia e autismo, Marlene Horna. Será o próximo 3 de maio, ás 16.30, no salón de actos do CEIP Apóstolo Santiago.

 

O botrato e a resolución de conflitos para comprender e crear benestar son un dos grandes dilemas do ensino e da sociedade actual. Como comprender e comunicarnos mellor coas crianzas no espectro autista? Comprender a diversidade que nos rodea fainos mellores persoas, máis conscientes de que neste mundo impredecible e abrumador poden xurdir condutas que nos preocupan.

Procuraremos estratexias conxuntas para mellorar o benestar emocional da nosa comunidade educativa.


 
🌈 Reserva ludoteca en anpa.apostolo@gmail.com