mércores, 17 de xaneiro de 2024

Presentamos o Boletín das Estrelas!

Este ano comenzamos unha nova andaina! Publicamos o Boletín das Estrelas, o medio de comunicación da Comisión de Convivencia da Anpa que nos axdudará a seguir raballando para que as nosas crianzas medren nun espazo seguro, aprendendo a convivir e a resolver os conflitos de xeito pacífico coa axuda dos adultos de toda a comunidade educativa.

Nesta primeira edición queremos aprender un poco máis sobre o mundo do Espectro Autista da man dunha nai do noso colexio e propoñemos actividades para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Se queres contarnos calquera cousa ao respecto, expresar sen temor preocupacións ou suxestións ou ben formar parte de esta comisión, escríbenos a: convivencia.anpaapostolo@gmail.com

 

Le o Boletín das Estrelas nº1