mércores, 27 de novembro de 2019

25N no CEIP Apóstolo Santiago

Queremos compartir con vós o traballo realizado no cole neste pasado 25 de Novembro.
Podemos ver os traballos realizados polo alumnado na exposición ubicada polos diferentes corredores do centro.

 Imaxe Blogue BiblioVagalume
Imaxe BiblioVagalume

Tamén dende a ANPA agradecer o convite do claustro ás familias para participar no vídeo "Matriarcas" (tema orixina de Guadi Galego)




Aproveitamos esta entrada para publicitar o blogue da Biblioteca do Cole: BiblioVagalume dende a que podemos seguir as actividades e novidades dispoñibles da nosa biblio escolar




xoves, 14 de novembro de 2019

2ª Conversa Fiada o 19 de Novembro.


Calacús e Castañas

E así celebramos o Samaín e o Magosto no cole este ano. Unha xornada de alegría, diversión, xogos, decoración e sobre todo festón!!!! 

As familias desfrutamos colaborando na organización da festa como en cada celebración no cole. Participar activamente na vida do centro permite crear sinerxías e mellorar a convivencia. Entre toda a comunidade imos dando forma a estes anos tan importantes na educación das nosas fillas e fillos. 

E con toda esta enerxía fixemos unha festa: Picamos e asamos castañas, compartimos paparotada e desfrutamos bailando e xogando. 


Algunhas imaxes












Dende a comisión de festas e tamén de parte das persoas que formamos a directiva gustaríanos agredecer a todas as familias o traballo e a colaboración durante a xornada de hoxe

Foi un magosto marabilloso! 🌰🔥

Orgullosxs desta comunidade educativa 😍

Saúdos 😘