📢Prezadas familias,
🗒Aquí tedes a axenda máis próxima da ANPA, para que vos organice des e esteades informadas 😉👇🏼
✅ LUNS 23 Setembro
O local da ANPA estará aberto de 16,30h a 17,30 h para informar e resolver dúbidas
✅ MÉRCORES 25 Setembro
Xogamos ? Imos plantarlle cara á choiva cunha sesión de xogos de mesa educativos para toda a familia da man da tenda Chafarís. Actividade gratuíta de 16.30 a 17.30
Haberá cafés, infusións e bolo para merendar. Aínda que se podes, trae a túa paparota para partillar 🥐🥑🍐🍌
Estarán presentes tamén membros da directiva da ANPA para resolver as vosas dúbidas e inquedanzas
✅ DOMINGO 29 de setembro
Roteiro/convivio da ANPA dentro do Proxecto Ríos de ADEGA (enviaremos información detallada esta semana).
✅ LUNS 7 de outubro
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA
(pendente de confirmar hora de celebración)
Saúdos,
A directiva
-
Na asemblea da ANPA do 19/02/25 aprobouse abrir un proceso de debate para cambiar o nome do noso centro. Segundo o acordado, deuse de praz...
-
Os Maios son tradición no CEIP Apóstolo Santiago dende hai moitos anos e como cada Maio esta Comunidade Educativa recupera esta tradi...
-
Orgullosas da nosa Comunidade Educativa!!! Un ano mais e convocadas pola Comisión de Igualdade un nutrido grupo de nenas e nais, e algún c...