martes, 12 de marzo de 2019

Programa de Patios: Xoves 14 de Marzo

Bo día Familias,

En coordinación coa profesora de Educación Física, celebramos unha xornada mais dos Xogos de Patios

Para esta ocasión acordamos facer os seguintes xogos*

- Educación Primaria
  • Baloncesto
  • Sangue-Pés quietos
  • Brilé
  • Pano
  • Cordas
  • Zancos
  • HulaHop
  • Salckline
- Educación Infantil
  • Twister
  • Aros musicais
  • Araña Peluda
  • Escondite Inlglés
Quedamos este Xoves 14 de Marzo ás 11:15 na entrada do centro para organizar a sesión. Lembrade que o horario do patio é de 11:30 a 12:00h

Coma sempre é imprescindible a vosa colaboración e moitas ganas para o xogo e a dinamización das nenas e nenos. Precisamos un mínimo de 6 persoas, pero cantas mais.....
Podedes anortarvos no taboleiro da entrada.


*No caso de chover, os xogos de primaria celebraranse no pavillón e os de infantil no corredor cuberto




Comisión Igualdade: 8M Folga Feminista

Orgullosas da nosa Comunidade Educativa!!!

Un ano mais e convocadas pola Comisión de Igualdade un nutrido grupo de nenas e nais, e algún compañeiro, participaron nas concentracións e manifestacións do pasado 8M. Pincha para ver o blogue da comisión de xénero "Mulleralias"


mércores, 6 de marzo de 2019

Comisión de Xénero: Convocatoria para participar e secundar a Folga Feminista do 8M


http://maismulleres.blogspot.com/
Dende a Comisión de Xénero e Igualdade "Mulleralias" queremos convocar a todas as mulleres e nenas da nosa Comunidade Educativa a secundar e participar activamente na Folga Feminista deste 8M: Día Internacional Das Mulleres

Ao igual que o pasado 2018 queremos facer visible a nosa presencia nas accións que se van desenvolver en Compostela ao longo desta xornada reivindicativa, xuntándonos ás 10.30h da mañá do dia 8M na porta do noso cole para baixar ate a rúa dos Concheiros(rotonda) e sumarnos á Treboada Feminista que terá lugar dende as 11.30h cara a rúa da Senra. 
Importante vir con cacharrada para facer moito, moito ruído.
Non esquezades as cores violetas!!! E sobre todo moitas ganas de celebrar que #XuntasSomosMaisFortes
Pincha aquí para ver a información no blog da Comisión de Xénero