Ola a familias, dende a Directiva da Asociación de Nais e Pais convidámosvos a asemblea do primeiro trimestre, a celebrar o vindeiro martes 11 de decembro de 17h a 19h
- Benvida e aprobación da orde do día
- Comsións de traballo (enviado resumo informativo por correo electrónico)
- NOF. Normas de Ordeamento e Funcionamento do Centro (enviado texto en vigor no centro por correo electrónico)
- Orzamentos participativos
- Visita da Conselleira de Educación ao centro
- Entrada e saída do alumnado
- Biblioteca Escolar
Tempo total estimado de duración da Asemblea: 1 hora e 30 minutos aproximadamente
*Haberá ludoteca de balde para as crianzas, enviando un correo electrónico indicando o nome das crianzas, idade e un teléfono de contacto antes
do domingo 9
Saúdos
Directiva da Anpa do CEIP Apóstolo Santiago