martes, 14 de xuño de 2016

Programa patios venres 17 xuño


 olas a tod@s!

Este venres 17 de xuño de 11:15 a 12:05h. desenvolveremos (SE NON CHOVE) programa de patios, que será a derradeira convocatoria deste curso!!. Estaría moi ben que quen puidese vir avisase o antes posible para poder organizar óptimamente a actividade.

Nesta derradeira edición teremos os seguintes xogos: corda, pano, brilé, zancos e o xogo que dimos en chamar 3 en raia á carreira (tras proposta chegada polo facebook da anpa)

Calquera aclaración/suxestión/aviso/... contactade con este mail.

Pablo Paz. Responsable do programa de patios.

PD: Deixovos as normas por se non as lembrades ;-)

Normas Programa de Patios:

  • As nais/pais participantes deberían avisar á ANPA da súa intención de participar a fin de organizar mellor o tema
  • As nais/pais participantes chegaremos con antelación á entrada do colexio eentraremos no centro XUNT@S ás 11:15h. (Non entrará quen chegue tarde!)
  • Os xogos deberán estar operativos antes da saída ao recreo do alumnado
  • Estableceranse 2 adultos (nais/pais e profes) por xogo, podendo contar coa axuda de alumnos/as maiores que controlarán a entrada e saída de nen@s participantes e o bo desenvolvemento do xogo, atención a incidencias...
  • Desdoblaranse os xogos máis populares facendo 2 niveis de xogo: normal e iniciación (pensado para @s que non saben xogar e/ou nen@s pequenos).
  • O coordinador do programa controlará os cambios das nais/pais de xogo en función das necesidades
  • As nais/pais participantes sairemos do centro XUNT@S ás 12:05h. tras rematar a actividade e faremos unha mini-asemblea para analizar como foi a xornada




Anpa do CEIP Apóstolo Santiago
R/ Proxecto Vagalume 2; 15704 Santiago de Compostela – 981543172 anpaapostolo.blogspot.com - @ANPAApostoloSantiago -   ANPA CEIP Apóstolo Santiago