A comezos deste curso, constituíuse no seo da ANPA unha Comisión de Comedores, a fin de velar polo bo funcionamento dos mesmos e pola satisfacción das súas usuarias.
Dende ese momento asistimos a reunións periódicas coas distintas comisións de outros CEIP englobados na Federación de ANPAS, a fin de crear un grupo de traballo que recolla as diferentes propostas e sentires das familias usuarias. Actualmente hai dúas liñas de traballo:
- INFORMATIVA: Manter informadas ás ANPAS da actual, difícil e interminable situación da concesión de comedores escolares para o que resta de curso.
- DE FUTURO: Pensar un novo modelo de xestión dos comedores baseado na satisfacción das demandas das familias, así como un estudio económico, ecolóxico e de sostenibilidade para evaluar a viabilidade das nosas propostas.
Estamos recabando os CONTACTOS das usuarias para mantervos informadas puntualmente, así como establecer unha vía de recollida das incidencias, dúbidas, necesidades… que vaian xurdindo, e de achegas a valorar na mellora do servizo.
Ponte en contacto coa ANPA!!
Anpa do CEIP Apóstolo Santiago
R/ Proxecto Vagalume 2; 15704 Santiago de Compostela – 981543172 – anpa.apostolo@gmail.com
anpaapostolo.blogspot.com -
@ANPAApostoloSantiago -
ANPA CEIP Apóstolo Santiago