venres, 18 de setembro de 2015

REUNIÓN para todas as familias usuarias do comedor

Lugar: CEIP Apóstolo Santiago
Data: Luns 21 de setembro ás 16:30 h.

Desde a ANPA do CEIP Apóstolo Santiago facemos chegar esta nota aos usuarios do comedor escolar para trasladar a nosa preocupación polo estado actual do edificio do comedor. Tras consultar con distintos expertos no tema podemos concluir que non se cumpren as condicións mínimas esixidas para desenvolver con garantias a servizo de comedor.

Entendemos tamén que esta situación pode ocasionar para as familias problemas na conciliación da vida familiar polo que co fin de atopar unha solución ao problema convocámosvos a unha reunión o vindeiro luns 21 de setembro ás 16:30h. no colexio. 

Pregamos asistencia ou no seu defecto que nos fagades chegar a vosa opinión sobre o tema e a disponibilidade que tedes ante unha posible variación no servizo de comedor.

ANPA CEIP Apóstolo Santiago. anpa.apostolo@gmail.com  //  http://anpaapostolo.blogspot.com